Estas sesións ofrecen visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes. Na fin de semana do 7 ó 9 as actividades centraranse nas Rías Baixas e no Ribeiro e na próxima, do venres 14 ó domingo 16, serán en Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras
O proxecto Wetwine presenta o martes 28 unha planta piloto para a depuración de augas das adegas, así como outro sistema para a xestión das augas procedentes do lavado de cubas de fitosanitarios
José Manuel Franco decidiu abrir no 2013 a súa propia adega para continuar cun pasado vitícola de varias xeracións. Nestes anos, comezaron a afianzarse no mercado e decidiron tamén apostar polo enoturismo. Coñecemos como traballan nesta adega de Monterrei
Guillermo Cruz, mellor catador de España en 2014, participará este sábado na Feira do Viño do Ribeiro. Falamos con el sobre os viños desta denominación de orixe, a produción vinícola galega así como da situación actual do sector
O incremento das ventas a outros países dos viños comercializados baixo a Denominación de Orixe permitiu que o sector facturase unha media anual de entre 45 e 50 millóns de euros polas exportacións dos seus viños
A investigadora do Imida-Instituto Murciano de Investigación e Desenvolvemento Agrario e Alimentario, Leonor Ruiz, mostra os últimos avances contra estas enfermidades do viñedo de man de variedades resistentes, logradas con melloras xenéticas
Na casa de Rosa e Paco Sanromán, en Pieiga, no concello de Negueira de Muñiz, sempre se fixo viño para a casa. En 2013 estes dous irmáns decidiron comezar un camiño cara a profesionalización que xa non ten volta atrás
Realizaron un percorrido que incluíu unha adega, o Consello Regulador e o Museo Claustro Mercedario de Verín, para coñecer a elaboración dos viños desta denominación
Esta adega familiar de Monterrei, en plena fase de expansión, é unha das poucas en Galicia que conta con vendimadora propia. Caracterízase tamén polo coidado da terra, sendo unha das primeiras da denominación de orixe que deixou de labrala a cotío
A Consellería do Medio Rural destina máis de 2 millóns de euros para a promoción do viño en terceiros países no período 2019-2020 . O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a correspondente convocatoria, cun prazo de presentación de solicitudes aberto ata o día 14 de xaneiro de 2019
Entrevista a Luís Paadín, autor da Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2019, un referente a nivel nacional e internacional dos viños galegos que estes días se está presentando. O seu autor fálanos das principais novidades e das claves para que un viño logre a máxima distinción
Falamos con Manuel Méndez, da adega Pazo das Tapias (Verín), un proxecto que arrincou en 2006 con dous viños de finca como insignia, os ‘Alma de Autor’ godello e mencía
Marco Rocha, Xosé Carlos Caneiro, Diego Lourenzo e Mario Teixeira foron elixidos novos membros da Confraría. Ademais, no acto de inauguración da feira tamén se recoñeceu a labor de José Luís Hernáez, Castor Gago e Ernesto Atanes Payo