O uso do produto demostrouse eficaz tanto en granxas en pastoreo como en ganderías máis intensivas, con muxido por robot ou en sala. Repasamos a evolución de datos de media ducia de produtores que traballan con Complet G-P
Un estudo compara tres granxas galegas con tres razas de vaca diferentes: Holstein, Jersey e Procross. Coñecemos as vantaxes que ofrecen cada unha delas para lograr unha maior rendibilidade na gandaría e as recomendacións da investigadora Isabel Roca
Gustavo Schuenemann, veterinario especialista en medicina preventiva en Estados Unidos, analiza algunhas das principais preocupacións das gandarías norteamericanas de vacún de leite e os obxectivos que perseguen
Jessica McArt, xefa de sección en Clínica Médica Ambulatoria e de Produción na Universidade de Cornell, en EEUU, aborda as distintas tecnoloxías dispoñibles, presentes e futuras, para a medición de indicadores de saúde metabólica no gando leiteiro e como detectar con elas os casos de cetose
A Federación de Nutrición reclama melloras nos criterios nutricionais que rexen a etiquetaxe Nutri-score para que se axuste máis á dieta mediterránea e teña en conta aspectos como a calidade e cantidade de graxas ou o tipo de proteína dos alimentos
Miguel Prieto é recolledor de Leyma desde fai tres anos. Acompañámolo nunha xornada de traballo para ver como é o seu día a día. Destaca a trazabilidade e a calidade do produto desde a orixe ao consumidor final e o feito de que o leite producido en Galicia se transforme aquí, xerando o valor engadido e os postos de traballo na comunidade
Lorena Cives é unha gandeira deTruitín, en Dumbría, que está a construír un establo novo co que aumentar a produción e facer o traballo de xeito máis doado. Leva a explotación ela soa e protagoniza a nova campaña de Leyma
A demanda de sólidos e de leite de pastoreo por parte das industrias lácteas está a relanzar prácticas das explotacións encamiñadas a incrementar o prezo do seu leite por medio destas dúas primas. Aínda que semellan conceptos contrapostos para moitos gandeiros, a alimentación en base a pasto non ten por que levar a descensos nas calidades, asegura Xan Pouliquen, que dá algúns consellos para controlar as porcentaxes de graxa e proteína na primavera
Nesta explotación de Castro de Rei levan catros anos mellorando, ampliando e modernizando as instalacións para asegurar o relevo xeracional. Probaron os animais cruzados, que trouxeron de Holanda, dos que destacan a súa fortaleza e fertilidade, e desde entón inseminan con rotacións de hosltein, montbeliard e rojo sueco
Na gandería Carballeiras Madriñán, de Lalín, levan anos traballando na mellora xenética e aproveitando o potencial de cada un dos exemplares da granxa. Centrados nas frisoas, dende hai uns meses decidiron diversificar os seu rabaño ó par que afrontan tamén a ampliación das instalacións
Pablo Rodríguez é un mozo de 22 anos que fai 4, con só 18, decidiu coller a explotación de subsistencia de seus avós, Gandería Xuíz, na parroquia de Remesar, no concello lugués de Bóveda, e convertela nunha moderna gandería de leite que xa ten intención de ampliar. Falamos con el dos motivos que o levaron a apostar polo rural
Antonio Sufuentes e Esther Vázquez rexentan esta gandería familiar no concello de Guntín que emprega serrín nas camas e está por baixo das 100.000 células somáticas e das 10.000 unidades formadoras de colonias en bacterioloxía. Cóntannos como traballan
Leslie Hansen é especialista en xenética en vacas leiteiras da Universidade de Minnesota. Leva tempo advertindo das consecuencias evolutivas da endogamia para a raza holstein tras décadas criando das mesmas familias e é firme partidario de aproveitar o vigor híbrido que aportan os cruzamentos
A resistencia das bacterias é un dos maiores riscos tanto para a saúde do gando como das persoas e a diminución no uso de antibióticos é un camiño sen retorno que irá acompañado dunha lexislación cada vez máis estrita. María Luisa Barreal, directora técnica do Ligal, destaca a redución de inhibidores no leite que se ten producido nos últimos anos
O leite e os seus derivados constitúen na actualidade un dos alimentos de maior garantía para o consumidor. Pero non sempre foi así. Analizamos a evolución hixiénico-sanitaria da produción leiteira, un camiño no que os veterinarios tiveron moito que ver
Manage Consent
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.