PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xornada online sobre estratexias para enfrontar as secas no millo

'Campo Galego' organiza un webinar no que intervirán técnicos e investigadores para explicar as súas experiencias no manexo das secas no millo

As secas do verán son un dos problemas máis habituais que sofre o cultivo do millo forraxeiro en Galicia. É ademais previsible que co cambio climático, a escasez de chuvias no periodo estival se poida intensificar, o que representa un desafío para as granxas.

Para abordar as estratexias que poden paliar o impacto das secas no millo, Campo Galego programou unha xornada online o próximo mércores 24 na que intervirán técnicos e investigadores para contar as súas experiencias e ensaios.

Data: Mércores, 24 de marzo de 2021

PUBLICIDADE

Horario: 11.30 – 13 horas.

Inscripcións: https://campogalego.invbit.systems/xornada-online/

Programa

11.30 h. – Obtención de híbridos de millo adaptados a secas estivais.
Henrique Teixeira (Mas Seeds)

11.45 h. – Impacto das secas estivais no millo en Galicia: situación e perspectivas.
Gonzalo Flores (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo)

PUBLICIDADE

12 h. – Experiencias de campo na xestión das secas no millo.
– José Manuel Rodríguez Medeiros. Xefe de marketing e vendas de Aira SCG.

– Adrián Cundíns. Xerente de Ganxabar (Mazaricos, A Coruña).

12.30 h. – Consecuencias das secas na calidade dos silos de millo. Que facer?
Rubén Laria. Veterinario de Clun especializado en nutrición de vacún de leite.

PUBLICIDADE

12.45 h. – Preguntas asistentes.

13 h. – Peche

Ver todas as noticias de leite

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *