PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Condicións moi difíciles para a campaña do grao húmido en Galicia

grao-humido-agromaronhas-matodoso-1

O picado do millo para facer grao húmido, unha tendencia que ven medrando nos últimos anos en Galicia como unha forma de reducir o custo da ración das vacas de leite, está sendo bastante difícil esta campaña. E é que a unha sementeira tardía, que obrigou a que a día de hoxe aínda se estea picando, cando nun ano normal teríase feito no mes de outubro ou comezos de novembro, sumáronselle as intensas choivas das últimas semanas.

Así está a acontecer na comarca luguesa da Terra Cha, onde a empresa de servizos agrícolas Agro Maroñas SL está traballando cunha Claas Lexion 5500 Terra Trac, unha colleitadora con sistema de desprazamento mediante orugas, o que permite que traballe en terreos enchoupados, nos que unha colleitadora de rodas quedaría espetada.

Claas Lexion 5500 Terra Trac está deseñada tanto para colleita de cereal como de millo e conta dun depósito de 8000 kilogramos.

PUBLICIDADE

Velaquí unhas imaxes enviadas por Agro Maroñas SL que evidencian as difíciles condicións nas que están a traballar:

Ver todas as noticias de leite

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *