PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Subas en Ternera Gallega e na recría de cruces no Mercado de Amio

Animais de recría nas naves de Amio. // Foto de arquivo.

A sondaxe realizada entre os usuarios do Mercado de Amio, celebrado este mércores, amosa subas nos prezos da recría. En concreto, na recría de cruces industriais de cor houbo un incremento de 5 euros.

No que se refire á Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, a mesa de cotizacións acordou unha suba de 3 céntimos nos prezos de todas as categorías e calidades desta carne.

Na xornada deste mércores contabilizáronse 1.716 reses, é dicir 58 máis que na sesión anterior. Houbo 1.379 cabezas de vacún menor, 32 máis que a pasada semana. Rexistráronse 140 de vacún mediano (23 máis) e 197 de vacún grande (3 máis).

PUBLICIDADE

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (19-X-2022).

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *