Abordamos co director xeral da FeNIL, Luís Calabozo, a situación actual do sector e cuestións como as perspectivas sobre os prezos que se pagarán nos próximos meses aos gandeiros, así como a demanda de leite ou a baixada de produción que se arrastra
A Central Agropecuaria de Galicia acada o maior prezo por un animal ó pagarse 10.498 euros por un boi procedente dunha gandería de Arzúa. Na Lonxa, a recría experimenta unha baixada xeral.
A Central Agropecuaria de Galicia rexistra un incremento do valor dos tenreiros carniceiros. O vacún maior de calidade experimenta un aumento do prezo. Caídas das cotizacións do porco cebado. O mercado do ovo cotiza á alza
Unións Agrarias reprocha a cancelación desta liña de achegas. Pide que se manteñan polo valor social e ambiental destas ganderías. Insta a cambiar o modelo para asignación da subvención e que se inclúan na PAC
Medio Rural posterga a liña de axudas comprometida para 2025. Ampárase na suba de prezos da carne para pospoñer estas subvencións
Este martes suspendéronse as poxas de vacún en Silleda polo festivo semanal do xoves e só se celebraron as mesas de prezos
O Sindicato Labrego iniciará protestas ante a intención das industrias de deixar ganderías fóra da ruta de recollida
As mesas de cotizacións do porcino na Central Agropecuaria de Galicia rexistran novos incrementos nos leitóns. Os prezos para o porco cebado continúan sen cambios nesta última sesión do ano, que se celebrou sen poxa de vacún