PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A queixería O Rexo, de Allariz, súmase ao selo Artesanía Alimentaria de Galicia

REXO ALLARIZ AGACAL ARTESANIAO director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, fixo este xoves entrega da licenza de uso da marca de Artesanía Alimentaria a Granxa Educativa Agrogandeira S.L. (queixería O Rexo), situada no concello ourensán de Allariz, así como da carta de artesán ao responsable da elaboración destes queixos, Héctor Vaquerizo.

Esta empresa elabora de xeito artesanal e comercializa diferentes produtos lácteos, tales como o propio queixo O Rexo (curado elaborado con leite cru de ovella en pastoreo), o queixo Corga, o iogur Torneiros ou a sobremesa Corga. Con esta nova incorporación xa son 126 os operadores inscritos en Artesanía Alimentaria.

Ver todas as noticias de agroalimentación

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *