No evento presentarase unha guía sobre etiquetaxe alimentaria que busca axudar ás persoas consumidoras a tomar decisións informadas e saudables

O 28 de novembro terá lugar a xornada “Decide o Consumidor ou a Intelixencia Artificial?: Turismo e Alimentación” no edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago. Organizada pola Unión de Consumidores de Galicia, o acto ten como obxectivo analizar o impacto da intelixencia artificial nas decisións dos consumidores.
O Secretario Xeral da UCGAL e Presidente de ConsumEs, Miguel López Crespo, será o encargado de inaugurar a xornada xunto ao Director Xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, que dará inicio ao evento.
No acto presentarase a guía “Etiquetaxe dos Alimentos, Cadernos de Boas Prácticas”, elaborada pola UCGAL co apoio da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, que axuda a entender os elementos da etiquetaxe co fin de que os consumidores aprendan a interpretar a información dos produtos e tomar decisións informadas.
O evento contará con dúas mesas redondas. Unha moderada por Pedro Tasende, CEO de Aporta Comunicación, onde se debaterá sobre como a IA inflúe na planificación de viaxes e outra na que se abordarán casos de éxito e retos futuros co obxectivo posto na innovación e sostibilidade do sector turístico galego.
A xornada tamén incluirá outras actividades, debates e intervencións sobre o impacto da IA no consumo e as implicacións éticas destas tecnoloxías. As persoas interesadas poderán inscribirse no seguinte enlace. A entrada ao evento é gratuíta e está aberta a profesionais e público xeral.
O programa da xornada será o seguinte:
09.45. Recepción asistentes.
10.00. Benvida con Miguel López Crespo. Secretario xeral da UCGAL e Presidente de ConsumES.
10.05. Inauguración con Martín Alemparte. Director Xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.
10.15. O funcionamento da IA. Bertha Guijarro. Profesora do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da UDC.
10.45. O novo marco europeo sobre IA. Víctor Salgado. Avogado especialista en novas tecnoloxías.
11.05. Mesa Redonda: A intelixencia artificial e o turismo. Moderada por Pedro Tasende. CEO de Aporta Comunicación. Participan:
12.20. Pausa – café.
12.50. O impacto da IA. na sociedade. José María Borrego. Especialista en procesos – Telefónica de España.
13.10. A intelixencia artificial nas empresas: Proxectos de éxito.
13.50. Diálogos de Comsumo. A intelixencia artificial e os alimentos. Moderada por Miguel Vieito Villar. Avogado especialista en novas tecnoloxías. Participan:
14.15. Clausura. Xosé Manuel Merelles. Director da Axencia de Turismo de Galicia.
14.30. Comida de traballo.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta