Os produtores protestan así contra as prácticas das industrias transformadoras, ás que acusan de traer produción foránea en tanto malpagan ou néganse a recoller a galega

Un grupo de gandeiros galegos interceptou na noite pasada un camión de leite portugués ó seu paso por Teixeiro (Curtis). Os produtores, que procederon a baleirar sobre o asfalto a carga da cisterna, amósanse indignados contra as industrias que están a recibir ese leite, pois entenden que están a malpagar ou a negarse a recoller a produción galega, en tanto importan leite foráneo.
Fontes do sector sinalan que os boicots contra a importación de cisternas de leite de Portugal estanse a suceder nos últimos días. O baleirado dunha cisterna a pasada noite en Texeiro é a primeira acción que trascende, pero xa en agosto se produciran boicots similares.
As accións dos gandeiros dirixíronse estes días contra cisternas da empresa de transportes A Fornecedora, que xa en febreiro fora obxecto dun boicot en Monforte por transportar leite para Euroserum. Os gandeiros volveron confirmar meses despois que a factoría de Euroserum seguía a recibir un mínimo de tres camións diarios procedentes de Portugal.
O destino do camión baleirado onte en Teixeiro aínda non está claro. Os gandeiros que participaron no boicot sosteñen que se dirixía a unha factoría de Capsa, circunstancia que a compañía nega.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta