Representantes de sete das principais industrias lácteas de Galicia, reunidas hoxe en Coristanco no II Foro Empresarial Lácteo “Retos das ganderías de leite no horizonte 2030”, analizaron as relacións cos produtores
A Comisión Europea elaborou un informe sobre as perspectivas a medio prazo, no marco de desafíos como o cambio climático, políticas ambientais máis estritas ou a demanda social por un maior benestar animal
O sector gandeiro da comunidade está no noveno posto a nivel europeo en entregas, segundo revela un informe da Fundación Juana de Vega
A suba do gasóleo, que se encareceu arredor dun 50% nos últimos seis meses, leva a parar ós autónomos que traballan para a principal industria de leite ubicada en Galicia. A empresa mantén contactos con “cada un” dos camioneiros na busca de solucións
Arredor dunha vintena de marcas comercializan a nivel global lácteos A2, sobre todo leite líquido e fórmulas infantís nos mercados de Asia, Estados Unidos e Oceanía. A aposta da marca galega Deleite A2 a nivel estatal é punta de lanza en Europa
O Plan Estratéxico do Sector Lácteo 2020 – 2025 pon de manifesto a debilidade das empresas na comunidade. A metade do leite producido en Galicia sae da comunidade sen transformar. O 60% do leite procesado na comunidade adícase ó seu envasado en líquido
O proxecto industrial asociado á cooperativa Aira completa os primeiros meses en plena produción, logo de culminar no 2019 todo o proceso para a posta en marcha da súa torre de secado de soro e leite
César Resch Zafra, Doutor Enxeñeiro Agrónomo, Investigador e vogal da asociación Terra e Leite analiza neste artigo as fortalezas, debilidades e oportunidades do sector lácteo galego nestes 5 anos que pasaron dende a supresión das cotas lácteas
A sociedade galega, que comercializa as marcas Deleite e Muuu, asina contratos cos gandeiros a tres anos, na gama alta de prezos en orixe, e proxecta este ano expandir a comercialización dos seus productos a toda España en diferentes cadeas de distribución
A industria láctea lembra que a lexislación gala prevé fórmulas de negociación que favorecen os pactos entre os diferentes eslabóns da cadea de valor do leite. Rexeita que se poida comparar a situación galega coa francesa
A negociación dos acordos anuais entre granxas e industrias, que se ten que abordar este outono, permitirá comprobar se se implanta unha cultura do diálogo no sector
Unións Agrarias iniciará unha campaña informativa entre as ganderías. Poden solicitar unha indemnización tódalos produtores que se mantiñan activos no ano 2000, que eran máis de 31.000
David González, xerente das dúas plantas adquiridas polo grupo queixeiro en Santa Comba e O Pino, analiza os primeiros meses de traballo e proxectos de futuro