Publicado o listado de axudas por danos do lobo no 2022
Medio Ambiente aprobou un total de 1.101 expedientes por ataques ó gando. Máis da metade concéntrase na provincia de Lugo. A cabana ovina rexistra o maior número de baixas, seguido do vacún
Medio Ambiente aprobou un total de 1.101 expedientes por ataques ó gando. Máis da metade concéntrase na provincia de Lugo. A cabana ovina rexistra o maior número de baixas, seguido do vacún
Gandeiros Galegos de Suprema, a asociación convocante, pide medidas para evitar que as granxas sigan vendendo por baixo dos custos de produción. Cuestionan tamén a baixada das axudas da PAC e advirten dos danos do lobo sobre as ganderías extensivas
A última actualización do SIGPAC introduce unha nova categoría de matogueira nas parcelas e baixa a porcentaxe admitida en pasto arbustivo e baixo arboredo. Os afectados deberán presentar alegacións ante o FOGGA
Os cambios que a Política Agraria Común vai experimentar a partir do vindeiro 1 de xaneiro non serán substanciais nun sector que verá recompensada a súa labor ambiental co pago dos eco-reximes. Créase a maiores unha prima por cebar os xatos nacidos na explotación e outra para as zonas con ataques de lobo
Unha xornada no Courel organizada pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes divulgou as experiencias de ganderías da comarca. Moitas delas xestionan zonas de pastos que actuaron de cortalumes no gran incendio do pasado verán
Falamos coa nova presidenta da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, Isabel Gómez, durante a xornada que o colectivo celebrou no Courel para coñecer experiencias gandeiras da zona
A mellora dos pastos na CMVMC Buio e Lerín, en Viveiro, foi a primeira que se acometeu en Galicia. Pasaron xa 38 anos e o bo manexo dos animais fai que as pradeiras sigan produtivas sen ser renovadas desde entón
Coñecemos esta estación experimental de media montaña, ubicada en Monfero e que conta cunha superficie de 180 hectáreas. Explícannos os proxectos de investigación nos que traballan, como o control do mato no monte con distintos tipos de gando ou a prevención de danos do lobo
A organización agraria iniciou en Xinzo de Limia unha serie de accións comarcais para demandar máis compromiso das institucións cos problemas que afectan ó sector
O proxecto PastorEa, no que participan centros de formación agraria de Galicia (EFA Fonteaboa), Francia e Eslovenia, está a desenvolver visitas recíprocas para que técnicos e gandeiros coñezan como se enfrontan nos tres países retos como o dos depredadores ou o cambio climático
O lume volveu asolar este verán, un ano máis, amplas zonas de Galicia, traendo de novo ao primeiro plano o debate recurrente sobre os medios de extinción e as medidas preventivas a adoptar para evitar que o monte arda. Neste contexto, cobran interese proxectos como o que están a desenvolver nesta Comunidade de Montes de Tomiño
A Deputación de Lugo concedeulle subvencións a 25 comunidades de montes e comuneiros particulares para promover o pastoreo en cortalumes e na súa contorna
Provacuno presenta un informe que estuda aspectos produtivos, sociais e ambientais dun sector clave para o mantemento da poboación e a paisaxe das zonas rurais e que se enfronta a retos como o relevo xeracional ou a presenza da muller nas explotacións
Ana e Alejandro SC é unha explotación situada en Neipín, na Pontenova, que está a converter superficie abandonada en pastizais sen necesidade de roturación mecánica, valéndose do manexo de cabalos, cabras e vacas de distintas razas