PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xornada de portas abertas este luns 30 en La Cabreta

Este luns, a partir das 10 h. da mañá, a gandería de ovino La Cabreta (A Pastoriza, Lugo) desenvolverá unha xornada de portas abertas. Aquelas persoas interesadas en coñecer o seu sistema de produción, así como debatir sobre estratexias de reprodución e alimentación, poden achegarse á granxa, anotándose previamente no e-mail contacto@beealia.com ou no teléfono 619 032 791 (Joan Alibés).

Durante esa mañá, ademais, estaránselle facendo ecografías ás ovellas da gandería, en colaboración coa Facultade de Veterinaria de Lugo.

Tamén se informará sobre o programa de formación 2023 de Beealia.

PUBLICIDADE

Ubicación: https://goo.gl/maps/RrF2AZL9eieV6GpF6

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *