O curso, organizado polo GDR Limia - Arnoia, ten unha duración de 100 horas, das cales 50 son online e as outras 50 presencias que se impartirán no concello ourensá de Xunqueira de Ambía. Continúan abertas as inscricións
As novas Políticas Agrarias Comúns poden converterse nunha oportunidade para aproveitar as vantaxes que ofrecen as ganderías extensivas en cuestións como a prevención de lumes. A achega que se reciba para fomentar estas prácticas será determinante
Queimar o monte para conservalo. Semella unha contradición pero é un xeito tradicional de creación de pasto en zona de matogueira que, levado a cabo de xeito controlado, ten múltiples vantaxes tanto desde o punto de vista gandeiro como ambiental
Os colares intelixentes deseñados pola empresa Innogando levan incorporada unha pequena placa solar, polo que non precisan substituír a batería; funcionan en lugares sen cobertura de teléfono móbil cun alcance de máis de 10 km e están pensados tanto para vacas de leite como de carne
Os veciños do lugar de Vilaverde, na parroquia de Folgueiras, no concello de Navia de Suarna, levan dúas décadas traballando en conxunto as súas fincas. Na actualidade contan cun rabaño de 290 cabezas de gando e crean dous postos de traballo. "Se non nos tiveramos xuntado no seu día, hoxe non habería vacas na aldea", aseguran
Un grupo de técnicos e gandeiros galegos vén de visitar granxas de pastoreo en zonas montañosas do país balcánico para coñecer o seu manexo e as súas perspectivas
A organización ecoloxista lanza un informe no que se evidencia que dende o punto de vista climático é máis eficiente unha dieta que contemple a redución do consumo de carne, combinada coa substitución da produción de carne industrial por outra de gandería extensiva
Carlos e José Manuel xuntáronse hai ano e medio para daren saída aos seus xatos mediante a venda directa ao consumidor final. Alugaron unha carnicería en Castroverde desde a que fan tamén envíos a domicilio. Contan con produción convencional e ecolóxica e están a criar tamén animais de raza angus buscando diferenciarse no mercado e satisfacer os gustos de todo tipo de clientes
Os alcaldes de Abadín, Alfoz, Cervo, Muras, Ourol, O Valadouro, Viveiro, Xermade e Xove, de todas as cores políticas, rexeitan o proxecto de modificación do RD 139/2011 que inclúe o lobo na listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial e no Catálogo Español de Especies Ameazadas
A CMVMC de Santa Mariña de O Viso, no Incio, ardía "un ano si e outro ano tamén" ata que, fartos desta situación, no 2010 un grupo de comuneiros decidiron introducir gando para manter o mato a raia. Desde entón non volveu haber incendios e a actividade serve de complemento a dúas ganderías de vacún de carne da parroquia
Xabier Paz González, de tan só 22 anos, xestiona na Terra Chá a maior finca privada de Galicia, unha parcela de 1.200 hectáreas, todas nunha peza, arrendada a un fondo de investimento e onde ten 150 vacas desta raza orixinaria do macizo central francés, ademais de 130 cachenas e 200 bestas, a maioría de pura raza galega. Visitamos a súa explotación para saber como traballa
O plan de pastos prevé actuar nunhas 2.250 hectáreas cun investimento total de preto de 9,5 millóns de euros. Ourense e Lugo son as provincias con máis montes veciñais incluídos no proxecto
Un equipo formado por dous técnicos de Tragsa e un biólogo especialista en pequenos roedores está a ensaiar en fincas distintos métodos para o control da praga. Hai unhas 2.000 hectáreas afectadas