Medio Ambiente aprobou un total de 1.101 expedientes por ataques ó gando. Máis da metade concéntrase na provincia de Lugo. A cabana ovina rexistra o maior número de baixas, seguido do vacún

A Consellería do Medio Ambiente vén de publicar o listado de axudas concedidas por ataques de lobo ó gando no 2022. En total son 1.101 expedientes, dos que 7 superan os 3.000 euros de danos, se ben tamén hai afectados que acumulan varios expedientes ó longo do ano e que superan igualmente ós 3.000 euros.
Por provincias, a que máis danos rexistra é a provincia de Lugo. Dos 1.094 expedientes inferiores a 3.000 euros, 554 están en Lugo, 246 en Ourense, 224 na Coruña e 70 en Pontevedra.
A cabana máis afectada é a ovina, con 1.042 cabezas mortas, seguida do vacún, con 664. Nos cabalos contabilizáronse 331 baixas identificadas e nas cabras 214.
O total de reses afectadas e contabilizadas por Medio Ambiente é de 2.251, unha cifra similar á de anos precedentes. Nos últimos 6 anos, o número de baixas computadas sempre estivo por riba das 2.000 cabezas anuais.
O 2022 foi o segundo ano da serie histórica con máis avisos de danos, un total de 1.332, só por detrás do 2019, con 1.396 avisos ó 012.
Pódese ver neste Pdf o listado completo das axudas menores a 3.000 euros, en tanto neste anuncio do Diario Oficial de Galicia publicáronse os sete expedientes por importes de máis de 3.000 euros.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta