PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xornadas sobre o manexo futuro da gandería no noroeste peninsular

Abordaranse aspectos como as normativas de abonado e uso de fitosanitarios, os cambios na alimentación do gando ou a convivencia co lobo. Terán lugar do 19 de setembro ao 20 de outubro na Escola Politécnica de Lugo

raza vianesa en Córneas (Baleira)A Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñerías Agroforestais (SEIAF) organiza durante os meses de setembro e outubro en Lugo un ciclo de conferencias sobre O futuro do medio rural no noroeste peninsular.

Os distintos relatorios terán lugar no salón de actos da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo os días 19, 21, 26 e 29 de setembro e 3, 13 e 20 de outubro en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas.

Serán abordados temas como a presenza do lobo para as ganderías (luns 19 de setembro), as políticas agrarias e demográficas contra o despoboamento (mércores 21), a alimentación nas ganderías bovinas do futuro (luns 26), o labor de prevención de incendios da gandería extensiva (xoves 29), o futuro sobre o uso de fertilizantes e fitosanitarios (luns 3 de outubro), a xestión forestal e a prevención de incendios (xoves 13 de outubro, ou o futuro da industria forestal (xoves 20 de outubro).

PUBLICIDADE

Para poder participar nas distintas xornadas formativas é necesaria inscrición previa cubrindo o seguinte formulario. O programa completo pode descargarse no seguinte enlace

Ver todas as noticias de desenvolvemento rural

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *