A iniciativa, coorganizada polo Concello de Manzaneda e o Proxecto Batefogo, abordará posibilidades de aproveitamentos no monte
Manzaneda acolle este venres 7 e sábado 8 unhas xornadas adicadas a dar a coñecer iniciativas de desenvolvemento rural. As xornadas, organizadas polo Concello de Manzaneda e o Proxecto Batefogo, arrancan esta tarde ás 19 horas cunha charla de Joan Alibés, da Plataforma pola Gandería Extensiva e o Pastoralismo. Alibés, produtor de cordeiro e cabrito en Galicia, falará de experiencias no aproveitamento de pastos de montaña que poden ser trasladables a enclaves como Manzaneda.
As xornadas continuarán a tarde do sábado 8 a partir das 17 horas con dúas mesas redondas. A primeira, titulada ‘Figuras de xestión e xestión de conflictos’, contará coa participación da comunidade de montes en man común da Cova (Trives), da cooperativa Monte Cabalar da Estrada e da Reserva da Biosfera dos Ancares Leoneses.
A segunda mesa redonda, a partir das 17 horas, abordará o Patrimonio e Desenvolvemento Rural, coa participación de Adega da Terra Viticultores (Manzaneda), da comunidade de montes de Paraños (mel) e dun grupo informal de mozos do Xurés.Todas as sesións celebraranse no salón de plenos do Concello de Manzaneda.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta