Producir carne en base a pasto e cun mínimo de penso foi obxecto de estudo para un grupo de gandeiros galegos que participaron nunha viaxe de visita a varias gandarías de Asturias e Cantabria durante uns días. A actividade rematou nunha granxa de Goiriz (Vilalba, Lugo) que emprega o pasto como base para a alimentación de preto de 50 bois. Coñecemos o seu traballo
A Consellería de Medio Ambiente descarta a eliminación de exemplares en áreas con elevados danos para o gando, a pesar de que se trata dunha medida permitida pola normativa
Como adiantara a Xunta o pasado outono, o Consello Regulador das IXPs de Vacún de Galicia está a valorar posibles modificacións da súa normativa. Unións Agrarias presentou hoxe en rolda de prensa as súas propostas
Falamos coa granxa que vendeu esta semana en Silleda o becerro que maior prezo logrou na historia da Central Agropecuaria, 1.807 euros por un animal de Ternera Gallega ó que lle faltaban uns días para cumprir os 12 meses de vida
Ourense acolle este mércores unha nova concentración de produtores, trala celebrada en Ortigueira o pasado venres. Os gandeiros reclaman medidas que enfronten a suba de custos e que permitan recuperar prezos dos becerros. Advirten ademais da necesidade de controlar a fauna salvaxe
Coñecemos como funciona a cooperativa eslovena Mlekarna Planika, que agrupa a 120 pequenas granxas de leite dun val dos Alpes. Os produtores xestionan a súa propia fábrica de queixos e derivados lácteos desde o 1957. A cooperativa conta tamén cunha granxa propia, certificada en ecolóxico
A gandería de Friol, que produce vacún de carne e polos campeiros, ambos en ecolóxico, destaca nos últimos anos polas liñas de traballo para vender sen intermediarios a súa produción
Na parroquia de Córneas, en Baleira, as fincas son en pendente e o inverno é duro, pero as vacas de raza vianesa de Amaro López están todo o ano fóra. É un tipo de gando que se adapta perfectamente a estas condicións e a súa crianza en extensivo aporta cualidades á carne que se notan á hora de comercializala
A Consellería do Medio Rural aborda este ano a segunda fase da iniciativa, coa que quere implantar arredor de 750 hectáreas de pastizais. O obxectivo é apoiar á gandería extensiva e crear áreas forestais sen biomasa que contribúan a frear posibles incendios
O biólogo ambientalista Antonio Tucci será o encargado de divulgar as posibilidades deste novo xeito de entender a gandaría
A organización agraria insiste na necesidade de apoios adicionais, posto que se manteñen os baixos prezos do pasado exercicio. Demanda tamén unha Mesa de Prezos de Ternera Gallega que marque valores axustados ás liquidacións reais que se producen no campo
O uso dos lumes prescritos, con fins agrogandeiros ou cinexéticos, é rexeitado pola Plataforma ‘Por un monte galego con futuro’, que reclama da Fiscalía de Medio Ambiente a apertura de dilixencias por estas prácticas en zonas de Rede Natura
O director de ‘O que arde’, película filmada nos Ancares con participación dos veciños, implícase na realización de vídeos para difundir o manexo e xeito de vivir das persoas que integran a cooperativa