Xornada técnica sobre mellora da produción de leite en ecolóxico
“Mellora da produción do leite ecolóxico en Galicia” é o título da xornada que terá lugar o venres 22 de febreiro en Lugo. Dirixida a gandeiros de vacún de leite certificados en ecolóxico ou en proceso de certificación, a actividade está organizada por Agronovo en colaboración co Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).
Na sesión abordaranse cuestións como os aspectos a ter en conta para garantir o benestar animal, así como os novos requisitos normativos. Neste sentido, haberá intervencións vencelladas á PAC e ás esixencias que entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2021. Tamén se falará sobre as vantaxes que o asociacionismo ten para os produtores de leite ecolóxico.
O programa arranca ás 10.30 h. no Recinto Feiral de Lugo coa acreditación dos participantes. O primeiro relatorio (11.15 h.) correrá a cargo de Isabel Blanco Penedo, da Swedish University of Agricultural Sciences (Suecia). Virá despois (12 h.) a quenda de Manuel Cancio Álvarez, director técnico do Craega. Disertará sobre a situación actual e os próximos cambios normativos do leite. O último relatorio (13 h.) será o de Xisela Fernández e Javier Villanueva, técnicos de Agronovo. Leva o título de “Vantaxes dunha agrupación de produtores de leite ecolóxico”.
PUBLICIDADE
A xornada é de carácter gratuíto. É precisa a inscrición ou ben chamando aos teléfonos 982 246 762 / 678 645 549 ou enviando un correo electrónico a info@agronovo.es
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
Deixa unha resposta