A Oficina Agraria Comarcal de Lugo, con colaboración coa Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA), organiza o vindeiro 10 de xuño, luns, a “V Xornada Técnica de Incorporacións de Mozos/as á actividade gandeira de ovino e cabrún”.
A xornada, incluída dentro do plan de transferencia do agro galego 2019, celebrarase na sala de xuntas do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
A entrada é libre e gratuíta e está dirixida a aquelas persoas incorporadas ou que se queiran incorporar á gandería de ovino ou caprino.
O programa é o seguinte:
9:00 – 9:30 h.
Inauguración da xornada. D. Xabier Bruña García (Xefe da sección da OAC de Lugo e D. Diego Fernández González. Presidente de OVICA)
9:30 – 10:30 h.
“Xestión integral dunha explotación de ovino e cabrún en réxime extensivo ou semiextensivo en Galicia.”
Dna. Noelia Ron Vega Enx. Agrónoma e Técnica de OVICA e Pastores de Galicia.
10:30 – 11:30 h.
“Novidades da PAC para a campaña 2019 no sector Ovino e Cabrún de Galicia.” D. Rubén García Cabana. Enx. Agrónomo e Técnico da Delegación Territorial do FOGGA en Lugo. Responsable das axudas acopladas de ovino e cabrún. E D. Orlando González Folgueira. Enxeñeiro Técnico Agrícola de Ovica .
11:30 – 12:00 h.
Pausa café
12:00 – 14:00 h.
“Orde de axudas de incorporacións de xóvenes mozos/as á actividade agrogandeira no rural e plans de mellora para o 2019”. Persoal técnico do Servizo de Explotacións Agropecuarias en Lugo. Consellería de Medio Rural.
16:00 – 21:00 h.
Visita guiada as granxas de ovino en Cospeito e Castro Riberas de Lea (visita voluntaria previa confirmación)
Confirmar asistencia chamando aos teléfonos 982 245 142 ou 687 778 013

De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta