Xornada sobre o manexo do solo e da auga nas explotacións de horta ecolóxica
A Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar acollerá o vindeiro mércores 27 e xoves 28 diversas ponencias sobre aspectos como os sistemas de rega, a loita biolóxica contra as pragas e a fertilización do solo
Campo Galego
A Asociación Raíña organiza unha nova xornada formativa: Manexo do solo e da auga en produción ecolóxica de horta. Terá lugar na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar os días 27 e 28 de novembro.
Abordaranse aspectos como os sistemas de rega, a loita biolóxica contra as pragas ou a fertilización do solo. Os distintos coñecementos serán impartidos por técnicos como Óscar Antón Pérez García, enxeñeiro técnico agrícola responsable da sección de horta de CLUN, que falará o mércores 27 dos sistemas de rega e da biodiversidade como control biolóxico de pragas. Pola tarde haberá unha práctica de como instalar refuxios para a fauna beneficiosa, como morcegos, insectos e páridos.
O xoves 28 o programa estará centrado no solo e a súa fertilización e o encargado de impartir as ensinanzas será o agrónomo Xan Pouliquen. Pola tarde analizaranse distintas experiencias de produción ecolóxica.
PUBLICIDADE
A asistencia a estas xornadas técnicas organizadas polo departamento de Promoción da Calidade Alimentaria da AGACAL ten carácter gratuito, sendo necesario anotarse cubrindo o seguinte formulario de inscrición e enviándoo por fax ao número 982416030 ou por correo electrónico a craega@craega.es antes do luns 25. Para máis información e reservas tamén se pode chamar aos teléfonos 982405300 ou 693747500 ou contactar no email asociacionraina@gmail.com.
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
Deixa unha resposta