O auditorio de Agolada acolle este venres 24 as III Xornadas técnicas para a mellora do manexo do gando bovino de leite e carne, organizadas pola asociación O Parapeto, en colaboración co Concello e con Africor Pontevedra.
O programa da xornada é o seguinte:
11 h. – Inauguración.
11 h. – Control da calidade do leite e outros servizos realizados polo Ligal (Marisa Barreal, directora técnica do Ligal).
11.45 h. – Sector lácteo: historia e previsións (Carmen Rey, xefa de recursos leiteiros de Clun).
12.30 – Pausa café.
13 h. – A transferencia embrionaria como ferramenta da eficiencia reprodutiva e produtiva (Héctor Miguel Martínez, veterinario).
14 h. – Clausura e xantar.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta