No lugar de Rebordelos, na parroquia do Viveiró, pertencente ao concello de Muras, Javier Vázquez Picos e a súa irmá Raquel coidan con esmero das súas abellas e da paisaxe que as rodea. Atópanse nunha das zonas naturais de máis valor de Galicia, con plantas endémicas que aportan ao seu produto un carácter único
Nesta edición do certame presentáronse 51 mostras de 30 queixerías e outros 43 rexistros de 25 envasadores de mel galego
Este concello da serra do Xistral organiza a sexta edición da súa Feira de exhaltación, xunto a outra serie de actividades, unha labor de promoción que logrou revitalizar a produción na zona coa incorporación ao sector de novos apicultores nos últimos anos
Procuran abellas máis resistentes a enfermidades como a varroa e cunha alta produción de mel. No proxecto desenvolverán unha aplicación móbil e dispositivos especiais nas colmeas para facer o seguimento das abellas
Terá lugar o luns 15 de novembro e o xoves 18 e busca que os apicultores saiban como manter as súas colmeas nun axeitado estado sanitario para aumentar a produción e evitar a transmisión de enfermidades como a varroase
Os apicultores da montaña de Lugo xuntaranse o domingo no Cádavo para vender o seu produto. O día antes haberá unha charla técnica sobre as novas enfermidades das abellas
O proxecto da Asociación Galega de Apicultura ten como obxectivos principais poñer en valor unha apicultura milenaria e atraer visitantes de todas as partes do mundo
As accións de Becerreá e As Pontes tratarán a calidade do mel desde o punto de vista científico, mentres que en Monforte se abordará o mel como produto con cata incluída
O Mercado de Outono contará coa presenza de produtores locais de mel, mazá, castaña e outros produtos de tempada. A vindeira semana haberá tamén un curso de iniciación ao mundo dos cogomelos