Curso de selección e mellora xenética da abella negra autóctona galega
A acción formativa realizarase en Becerreá e busca a profesionalización do sector da apicultura. Será os días 9 e 10 de maio e terá 10 horas lectivas
A acción formativa realizarase en Becerreá e busca a profesionalización do sector da apicultura. Será os días 9 e 10 de maio e terá 10 horas lectivas
A acción formativa será impartida polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude en horario de mañá os sábados ata o 2 de xullo
As actividades formativas están centradas no correcto manexo de froiteiras neste tempo e no coidado avanzado das abellas. Ademais, esta semana inicianse as xornadas ‘Apostando polo Sector Primario’
A Asociación Corripa crea en Pena da Nogueira un xardín de polinizadores de 3.500 metros cadrados dedicado á conservación, estudo e divulgación de especies como moscas e escaravellos florícolas, abellas e avespas portaserra ou bolboretas
A mostra, denominada Alvariza, terá lugar o sábado e o domingo coincidindo coa Feira do Cocido e inclúe charlas formativas, degustacións e actividades de ocio
A Feira Apícola das Rías Baixas, organizada pola Agrupación Apícola de Galicia, a Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra e a IXP Mel de Galicia, será o marco de celebración desta cita. A xornada será gratuíta e estará accesible en liña o vindeiro 9 de abril, entre as 10.30h e as 20.30h
Xosé Torres Romar ten unha pequena explotación apícola en Cuntis (Pontevedra) e é coautor do Dicionario Temático e Ilustrado de Apicultura. Vén de ser reelixido presidente da Asociación Galega de Apicultura á fronte dun equipo renovado. Cóntanos os cambios que pretenden impulsar
Por primeira vez nos máis de 40 anos de historia de AGA preséntanse dúas candidaturas, unha encabezada polo actual presidente, Xosé Torres, partidario da desvinculación con Erica Mel, e outra liderada polo expresidente Abel Yáñez, socio fundador tamén da cooperativa nacida no seo da entidade
Estará baseado no manexo agroecolóxico das colmeas e desenvolverase nas dúas últimas fins de semana de marzo e a primeira de abril
Os cambios das últimas décadas nos ecosistemas forestais e agrarios representan unha perda para a produción de mel en numerosas comarcas. Potenciar cultivos de horta como os nabos e as coles, recuperar froiteiras autóctonas ou potenciar os bosques de ribeira, son algunhas medidas que fortalecerían o hábitat das abellas
A firma Sanve, especializada en mecanismos contra as vespas velutinas, achega algúns consellos para mellorar a eficacia destas trampas. As estratexias varían en función da época do ano e a incidencia de vespas sobre as colmeas
Esta iniciativa de Elías Seoane está repartida en máis de 500 colmeas por todo Galicia, das cales saca resultados de diferentes partes do territorio con resgos moi representativos. O tratamento do produto, o tipo de abella ou a relación do animal co entorno son cuestións clave que dan lugar a mostras de calidade seleccionadas e recoñecidas en galardóns internacionais
A Deputación da Coruña destina preto de 20.000 euros a un proxecto que permitirá recuperar e mellorar a liña autóctona da abella negra, aumentando a produtividade e a calidade da mel