María Carmen Seijo Coello é profesora Titular da área de Botánica da Facultade de Ciencias de Ourense e responsable do Grupo de Aerobioloxía e Apicultura da Universidade de Vigo, o laboratorio encargado de analizar cada ano o mel acollido á IXP Mel de Galicia
Medio Rural publica no DOG unha ampliación orzamentaria de 575.000 euros, elevando o importe final das subvencións para a mellora da produción e comercialización a preto de 1,3 millóns de euros
Arzúa volveu converterse esta fin de semana na referencia para os produtores de mel grazas á Mostra Galega de Apicultura, que retomou a súa celebración condicionada pola situación de pandemia sanitaria
Os London Honey Awards recoñecen a seis meles pertencentes á Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia coas distincións de Platino, Ouro e Prata, así como tres meles galegos envasados sen o selo da IXP
A 36 edición desta cita de referencia organizada por AGA contará cun foro sobre apiturismo e outro sobre apicultura, ademais de múltiples actividades para todos os públicos
As accións formativas inclúen iniciación á apicultura, cría de raíñas e selección xenética de colmeas, e cría de abázcaros e produción intensiva de núcleos
O proxecto Varroaform proba 4 fórmulas experimentais e ecolóxicas contra este parasito. As propostas non xeran residuos no mel nin nos produtos da colmea e son inocuas para as abellas
A Fundación Oso Pardo publica un video tutorial detallado sobre a instalación e mantemento de cercados eléctricos
David leva media vida entre as abellas. Comezou na apicultura con 17 anos e hoxe, con 34, está especializado na cría de raíñas e produce núcleos para clientes profesionais de Galicia, Asturias, León, Cantabria ou Toledo. Tamén se dedica ao asesoramento e formación e desde fai 10 anos comercializa o seu mel baixo a súa propia marca
Tanto as asociacións de apicultores como os particulares poderán recibir subvencións para loitar contra as enfermidades e problemas das colmeas e para desenvolver outras actuacións de mellora da produción. Como novidade, este ano sufragarase a adquisición de trampas e atraentes contra a avespa velutina
Explicamos un método sinxelo para a división dunha colonia de abellas, unha técnica que nos permite evitar a enxamía da colmea e multiplicar o número de unidades, ben sexa para repoñer baixas ou para facer medrar o noso apiario
A Agrupación Apícola de Galicia presenta unha nova liña de cosmética elaborada a base de mel galego. Os produtos están pensados para o coidado e conforto dos peregrinos na súa andaina a Compostela
A Asociación Galega de Apicultura (AGA) desenvolverá este xoves, con motivo do Día Mundial das Abellas, actos de apoio á protección e supervivencia das abellas para escolares e o público en xeral no Enredo do Abelleiro, en Arzúa