PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Subas en Ternera Gallega Suprema e na recría vendida no Mercado de Amio

Os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron esta semana unha suba de 0,03 euros para as canais da categoría Suprema.

No Mercado de Amio este mércores tamén houbo un incremento de 10 euros nos prezos da recría de cruces industriais de cor, tal e como amosa a sondaxe realizada entre os asistentes.

En canto á asistencia houbo 1.683 reses, o que supón 10 menos que na sesión da semana pasada. En concreto, na feira deste mércores contabilizáronse 1.469 cabezas de vacún menor, 19 máis que na sesión anterior. Houbo 84 de vacún mediano (10 menos) e 130 de vacún grande (19 menos que a semana pasada).

PUBLICIDADE

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (4-X-2023).

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *