PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Suba nos becerros de frisona e baixada nos de cruce industrial

Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia de Silleda do 28 de abril.

Lonxa de Silleda.

As cotizacións dos becerros na Lonxa de Silleda deste martes caracterizáronse pola leve tendencia á baixa nos prezos do vacún, con excepcións, como os becerros de raza Frisona para recría, que experimentaron unha suba moderada. .

En concreto, os xatos de menos de 20 días subiron aos 112 €, fronte á media da semana pasada de 88 euros. Tamén subiron algo os de 21 a 50 días até os 133 euros e os de máis de 50 ata os 149 euros, fronte aos 133 da pasada semana. Pola contra, nos de cruce industrial a tendencia foi á baixa, agás nos de 21 a 50 días, onde os prezos aguantaron máis.

E nos becerros carniceiros as cotizacións variaron notablemente en función da raza: os de raza Frisona subiron até o 481 euros, ao igual que os de Rubia Galega, que se pagaron a unha media de 857 euros. Pola contra, baixaron os de Cruce Industrial, tanto machos como femias.

PUBLICIDADE

No vacún maior, o sector de máis importancia económica da Lonxa de Silleda, os prezos mantivéronse con lixeiras oscilacións.

As cotizacións do vacún quedaron do seguinte xeito:

Fonte: Central Agropecuaria de Galicia.

Fonte: Central Agropecuaria de Galicia.

Sen cambios nas mesas de prezos de ovos e coello

Nas mesas de prezos as cotizacións medias dos ovos quedaron igual que as pasadas semanas. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,10 € a ducia para a categoría L; 1,00 para a M, e 0,85 € a ducia para os de clase S. En canto ás galiñas de desvelle, baixaron un 0,03%.

PUBLICIDADE

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións tamén se mantiveron sen cambios con respecto á semana pasada, nos 1,50 €/kilo.

Sobe o prezo do porco cebado e mantense o dos leitóns

En canto aos leitóns, a mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou manter os prezos da semana pasada. Deste xeito, as cotizacións quedaron nos 53 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 48 € para os procedentes de varias.
En canto ao porco cebado, ao igual que a pasada semana acordouse subir os prezos un 0,010% para o selecto e o normal. O Canal II sobe un 0,013% e o de desvelle mantense sen cambios.

PUBLICIDADE

Nos principais mercados europeos a tendencia foi á baixada de prezos: 0,030 en Alemaña e sen cambios en Dinamarca.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

Fonte: Central Agropecuaria de Galicia

Fonte: Central Agropecuaria de Galicia

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *