PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Suba dos becerros de recría e baixada de vacún maior e ovos

Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia de Silleda do 19 de maio.

Poxa de gando en Silleda.

Os prezos do vacún na Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse, ao igual que a pasada semana, pola tendencia á suba nos prezos dos becerros de recría. Nas vacas de desvelle e nos becerros carniceiros os prezos baixaron, ao igual que na mesa de prezos dos ovos.

En concreto, a cotización media dos becerros de recría pasou dos 223 € da pasada semana aos 242 do día de hoxe. Por categorías no de raza Frisona os prezos medios foron de 114 € para os xatos de menos de 20 días; 146 para os de 21 a 50 e 157 euros para os de máis de 51 días. O pasado martes as cotizacións foron de 113, 133 e 144 euros, respectivamente.

Nos becerros de recría de cruce industrial, só baixaron os machos de entre 21 e 50 días: 333 , fronte aos 354 da semana anterior. Nos de menos de 20 días a suba media foi de 14 euros e nos de máis de 51 días a alza foi maior: 36 euros máis para os machos e 18 para as femias, con respecto á semana pasada.

PUBLICIDADE

Pola contra, nos becerros carniceiros a cotización media foi á baixa: 731 euros fronte aos 812 da semana anterior. Aínda que menos, tamén baixou algo o vacún maior, agás as vacas de desfeito.

As cotizacións do vacún quedaron do seguinte xeito:

prezos_vacun_SILLEDA_19_05_2015

Baixada en ovos, e sen cambios en coellos e galiñas de desvelle

Nas mesas de prezos, acordouse baixar as cotizacións medias dos ovos un 0,02%. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,28 euros a ducia para a categoría XL; 1,08 € a ducia para a categoría L; 0,96 para a M, e 0,81 € a ducia para os de clase S. En canto ás galiñas de desvelle,mantivéronse sen cambios.

PUBLICIDADE

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións tamén se mantiveron sen cambios con respecto á semana pasada, nos 1,50 €/kilo.

Sen cambios nos prezos do porco cebado

Despois da baixada da semana pasada, este martes a mesa de prezos de porcino decidiu manter os prezos do porco cebado.

PUBLICIDADE

En canto aos principais mercados europeos, os prezos subiron un 0,02% en Alemaña e Holanda e mantivéronse estables no resto.

En canto aos leitóns, non experimentaron cambios de prezos.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

prezos_porcino_SILLEDA_19_05_2015

Suspensión dalgúns mercados en xuño

Por motivo de utilización das naves coa Feira Semana Verde de Galicia.

suspéndense os seguintes mercados:

  • Martes 9 de xuño (Tódalas subastas)
  • Martes 16 de xuño (Só se realizará a subasta de recría)
Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *