PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Sigue a suba dos becerros de recría de Frisona

Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia de Silleda do 26 de maio.

Poxa en Silleda

Os prezos do vacún na Lonxa de Silleda caracterizáronse pola tendencia á suba nos prezos dos becerros de recría, sobre todo nos de raza Frisona. Nas vacas de desvelle a tendencia xeral tamén foi á alza.

En concreto, nos becerros de recría de raza frisona os prezos medios foron de 133 euros para os de menos de 20 días; 143 para os de 21 a 50 días e 149 € para os de máis de 51. Na semana pasada os prezos foron de 113 , 136 e 144 € respectivamente.

Nos de cruce industrial, baixaron os de máis de 51 días: 420 € de media fronte aos 493 da pasada semana. Nas outras franxas de idade as cotizacións foron de 318 para os de menos de 20 días e de 341 € para os de 21 a 50 días euros; cunha suba respecto aos 304 e aos 333 da semana anterior.

PUBLICIDADE

Nos becerros carniceiros a alza dos prezos tamén foi clara nos de Frisona e nos de Rubia Galega: 517 € para os de raza Frisona e 1009 euros para os de Rubia Galega. Pola contra, os machos de cruce industrial baixaron, mentres que as femias experimentaron unha suba.

Por último, no vacún maior, o sector de máis importancia económica da Lonxa de Silleda, os prezos mantivéronse con lixeiras oscilacións á baixa nas categorías Primeira e na de Desfeito, mentres que nas outras subiron.

As cotizacións do vacún quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_SILLEDA_VACUN_26_05_15

Sen cambios en ovos, coellos e galiñas de desvelle

PUBLICIDADE

Nas mesas de prezos as cotizacións medias dos ovos non experimentaron cambios. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,08 € a ducia para a categoría L; 0,96 para a M, e 0,81 € a ducia para os de clase S. En canto ás galiñas de desvelle,mantivéronse sen cambios.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións tamén se mantiveron sen cambios con respecto á semana pasada, nos 1,50 €/kilo.

Sobe o porco cebado e baixan os leitóns

PUBLICIDADE

En porcino, a mesa de prezos acorou unha suba do 0,02% para selecto e categoría normal, e do 0,026% para categoría de canle II.

Nos principais mercados europeos os prezos tamén se recuperaron con subas similares.

En canto aos leitóns, baixaron un 1%, quedando os prezos nos 40 € para os procedentes dunha única explotación e en 35 € para os procedentes de varias.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_SILLEDA_porcino_26_05_15

Suspensión dalgúns mercados en xuño

Por motivo de utilización das naves coa Feira Semana Verde de Galicia.
suspéndense os seguintes mercados:

Martes 9 de xuño (Tódalas subastas)
Martes 16 de xuño (Só se realizará a subasta de recría)

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *