A marca de pensos ecolóxicos Ecofeed, da cooperativa Campoastur, organiza o día 24 de xaneiro, xoves, en Allariz (Ourense), a súa III Xornada Técnica de Produción gandeira ecolóxica.
A xornada está dirixida a gandeiros e persoas con interese na produción de carne en ecolóxico. A asistencia é gratuíta, previa inscrición enviando un correo electrónico a rafaelpardodeandrade@gmail.com ou chamando ao teléfono 679410087. Por cuestións de organización a data límite para inscricións é o luns 21 de xaneiro.
O lugar de celebración será o Fogar dos Maiores (Rúa Campo da Barreira, 3) e na organización colaboran o Concello de Allariz e a empresa Gav Allfeed.
-11:00 horas. Presentación da Xornada:
-Cristina Cid, alcaldesa do Concello de Allaríz
-Javier Fernández, director técnico de Campoastur
-”Protocolos fitoterápicos en gandarías extensivas”. Jordi Tost, responsable técnico de Allfeed.
-”Perspectivas da comercialización de carne ecolóxica”. Ramón Lamelo, xefe da área de Promoción da calidade agroalimentaria da Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria (AGACAL-Xunta de Galicia).
-”Os produtos ecolóxicos na distribución”. César López Sánchez, director de Relacións institucionais de Carrefour Asturias e Francisco Piqueras, director de carnicería de Carrefour España
-Mesa redonda: “Retos na comercialización para as gandarías ecolóxicas de carne”, cos relatorios sobre experiencias comerciais de produtores de gandarías ecolóxicas:
José Luís Vaz, de VerínBiocoop (comercializadora de gandarías asociadas de vacún, ovino e caprino)
Luís Ceide, de Ovica – Pastores de Galicia (ovino-caprino)
José Blanco, de Gandaría Cimadevila (gandaría de vacún vianesa)
Luís Rodríguez, de Chotoiba (gandaría de vacún, con sala de despezamento)
Moderador: Rafael Pardo de Andrade, do servizo técnico de Ecofeed en Galicia.
Ao finalizar, xantar nun restaurante próximo ao lugar de celebración
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta