O último informe sobre as entregas de leite do mes de decembro, elaborado polo Fega (Ministerio de Agricultura), revela que España pechou o 2019 cun lixeiro aumento de produción do 1,5% no global do ano, acadando por primeira vez os 7,2 millóns de toneladas de leite producido. É un leve crecemento que chega nun contexto onde os principais países de referencia en Europa experimentaron leves baixadas de produción en relación ó ano anterior. É o caso por exemplo de Francia (-0,5%), Alemania (-0,3%), Portugal (-0,4%) ou Holanda (-1,5%).
No conxunto de Europa, a falta dun balance definitivo, a produción situábase nos primeiros 11 meses do ano un 0,5% por riba do ano anterior, con crecementos destacados en Polonia (+1,9%), Hungría (+1,9%), Gran Bretaña (+1,9%) e sobre todo Irlanda (+5,8%).
Prezos
Os prezos no mes de decembro caíron levemente a nivel estatal, pasando de 34 a 33,8 céntimos por Kg, pero mantéñense no tope de prezos dos últimos cinco anos. En Galicia, en cambio, subiu 0,1 céntimos, pasándose de 32,6 a 32,7 céntimos. Con todo, a comunidade segue á cola dos prezos pagados na España peninsular un mes máis.
En calidades do leite, como é habitual, Galicia encabeza a táboa en graxa, cun 3,94%, polo 3,84 de media no Estado. En proteína sitúase na media, 3,35 por unha media estatal de 3,36.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta