A empresa está a visitar as explotacións de Reny Picot descontentas. O movemento de CAPSA fixo saír tamén a Entrepinares, que sobe un céntimo e sitúa o seu prezo base en 47. Co leite spot e a manteiga en niveis máximos, neste momento hai certo interese das industrias por captar leite de cara ao inverno
Nunha visita á planta do Ceao, María José Gómez avogou pola "estabilidade", asegurando que "non é bo que o leite suba demasiado". En relación ao papel da Consellería, di, "o mercado consiste na oferta e a demanda; non podemos as Administracións actuar aí"
O valor do leite equivalente, baseado en manteiga e leite en po desnatado, supera por primeira vez nos últimos meses ó prezo do leite no campo
A maioría de empresas están a asinar por catro meses para amarrar o subministro de materia prima nos meses de outubro e novembro, cando se incrementa a demanda. No caso da multinacional francesa Lactalis, o contrato alóngase até o 31 de marzo cunha baixada global de 0,25 céntimos
Queda desestimado o recurso presentado pola Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) contra a Ley de la Cadena Alimentaria. Unións Agrarias, que aportou un informe pericial contra as pretensións da Fenil, demanda agora medidas lexislativas que leven á práctica a lei
A responsable de Leite Río e vicepresidenta da FENIL advirte de que a perda de rendibilidade das explotacións pode levar de novo a unha crise de falta de leite como a que se deu a finais de 2022
Unións Agrarias desenvolveu unha acción nun dos supermercados da cadea en Santiago, que situou a marca branca nos 73 céntimos nunha oferta dunha semana
A asociación solicita unha reunión coa conselleira do Medio Rural, María José Gómez, para abordar esta situación, así como outros temas, caso da planta de Altri prevista para Palas de Rei
Francisco Sineiro e Jorge Santiso (USC) advirten da necesidade de dotar de máis estabilidade ás relacións contractuais no sector lácteo. A caída da produción en España, coincidindo cunha fase de boa rendibilidade, é un motivo de preocupación
AGAPROL, a maior OPL de produtores de leite de España, lanza a ‘Operación Cisterna’ para concienciar ás explotacións de que “un aumento da produción pode afundir os prezos”
O sector agarda que haxa unha moderación das baixadas anunciadas na primeira proposta de contratos, pois o mercado industrial mantense estable e o leite líquido segue cun valor alto nos supermercados