PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O sector cunícola comeza a utilizar o selo B+

Esta marca garante aos consumidores un alto nivel de excelencia en benestar animal e rastrexabilidade do produto. Trátase dun selo común das seis interprofesionais do sector cárnico

A Interprofesional para impulsar o Sector Cunícola, Intercun, xa comezou a autorizar a entidades de certificación para realizar auditorías de Compromiso Benestar Animal BACI (Benestar Animal Cunícola INTERCUN), o que permitirá o uso do selo B+ nos produtos de carne de coello procedentes de granxas e industrias certificadas.

Este é o selo común das seis interprofesionais gandeiro-industriais do sector cárnico, que se uniron para garantir aos consumidores e usuarios un alto nivel de excelencia en canto a benestar animal e trazabilidade nos produtos identificados co B+.

Control en todo o sector

Tal e como explican desde Intercun, a certificación BACI contou para a súa elaboración coa Sociedade Española de Protección e Benestar Animal (SEPROBA), e foi coidadosamente analizada por un comité científico multidisciplinar. “Esta certificación engloba requisitos baseados en criterios científicos e técnicos máis esixentes que os recollidos na normativa europea, así como na nacional”, explican desde Intercun.

PUBLICIDADE

Ademais, esta certificación contempla todos os elos do proceso de produción de carne de coello. Establece requisitos que afectan ó benestar animal e á rastrexabilidade desde a maternidade ata o cebo ou os centros de sacrificio e controla a cadea de custodia dos produtos no resto de industrias relacionadas coa carne de coello.

FINALES B+

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *