PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Nova dirección do Consello Regulador do Queixo Tetilla

O Diario Oficial de Galicia publica este martes o nomeamento do gandeiro Manuel Granja Munín como novo presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla.

Ademais, a Consellería do Medio Rural acorda nomear vicepresidente deste consello regulador a Lácteos Anzuxao, S.L., representada por Javier Sampayo Menéndez. Trátase dunha dirección provisional ata a celebración de novas eleccións, previstas para antes deste verán.

Tras o cese a petición propia de Carlos Cid González e María Pilar Castro Vallo como presidente e vicepresidenta, respectivamente, do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla, o Pleno deste organismo celebrado o pasado día 3 de febreiro decidiu que a presidencia fose ostentada por Manuel Granja Munín e que a vicepresidencia fose exercida pola vogalía que ostenta a empresa Lácteos Anzuxao, S.L., representada por Javier Sampayo Menéndez.

PUBLICIDADE
Ver todas as noticias de agroalimentación

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *