As mellores variedades de millo para esta campaña: resultados dos ensaios de Mabegondo
O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo vén de publicar a actualización para o ano 2024 dos ensaios sobre o valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia
O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) vén de publicar a actualización para o ano 2024 dos ensaios sobre o valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia, unha referencia que serve de axuda á hora de escoller as variedades que mellor se adaptan a cada zona con vistas á campaña de sementeira que comezará nas vindeiras semanas.
Trátase dunha análise comparativa anual que se realiza dende o ano 1999 co obxectivo de avaliar o rendemento e calidade das variedades comerciais máis utilizadas na comunidade. Os ensaios fixéronse en catro comarcas: Sarria, Trasdeza, Ordes e A Mariña lucense.
Nos campos de cultivo utilízase un deseño en bloques ao chou con tres repeticións, cunha densidade de 90.000 plantas/ha. Recolleuse cada variedade no momento en que a liña de leite estaba a 1/3-1/2 do ápice (gran pastoso-vítreo) e analizouse a parte verde da planta e as espigas por separado.
PUBLICIDADE
Variedades cun ano de avaliación, con menor fiabilidade:
Variedades con dous ou máis anos de avaliación, maior fiabilidade:
Recomendacións para elixir unha variedade
Á hora de elixir unha variedade, dende o CIAM recomendan que o primeiro que temos que ter en conta é o ciclo que resulte máis axeitado ao clima da zona.
Neste sentido aconsellan que:
Se sabemos a data de sementeira e sumamos os días que aparecen na columna “Días S-C”, teremos a data probable de recollida para unha zona fría do interior.
Se é unha zona cálida haberá que restarlle 15 días.
Tamén é importante a dispoñibilidade de maquinaria para esa data.
Dentro do ciclo elixido, dende o CIAM recomendan escoller aquelas variedades que reúnan as dúas condicións seguintes ao mesmo tempo:
Un elevado índice produtivo (IP) (canto maior sexa o dato da columna IP, mellor)
Unha elevada calidade (canto maiores sexan os datos das columnas ESPIGA, DMO e PB, mellor).
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
Deixa unha resposta