PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Influencia do pastoreo na calidade do leite das vacas

Resumo do relatorio do investigador do CIAM, César Resch Zafra, na Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes.

Vaca pacendo.

Baixo o título “Utilización de sistemas de pastoreo en explotacións de produción de leite. Influencia na calidade do leite”, César Resch expuxo as conclusións dun estudo levado a cabo no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Como punto de partida, recomenda que para a elección do sistema de alimentación das vacas de leite se teña en conta: os condicionantes da explotación; as instalacións, superficie e man de obra da que se dispón e analizar os pros e os contras do pastoreo e da estabulación permanente.

“Hai que optar por un sistema intentando obter o máximo do mesmo, porque habitualmente os sistemas mixtos dan malos resultados”, asegura.

PUBLICIDADE

Como podemos optimizar o pastoreo?

Para isto, César Resch recomenda:

  • Facer unha estimación da produción de herba

  • Controlar continuamente a produción dispoñible de herba e o seu crecemento

  • Facer silo só coa herba sobrante, intentando que as vacas coman o máximo de herba a dente.

    PUBLICIDADE
  • Optimizar o agrupamento dos partos para que a oferta e a demanda se axusten o máximo posible.

Obxectivo: reducir á metade as necesidades de silo

O obxectivo co sistema de pastoreo é reducir á metade as necesidades de silo das vacas que se estiveran estabuladas permanentemente.

En concreto, pasar de 4 toneladas de materia seca por vaca e ano en intensivo a 1,7 toneladas.

PUBLICIDADE

Para iso é necesario facer un presuposto forraxeiro para as vacas ao longo do ano, tal e como se amosan nesta gráfica:

resch_pastoreo_vacun_leite_02

Fonte: CIAM

Etapas para o agrupamento dos partos:

A outra clave para sacarlle o máximo rendemento ao pastoreo nunha explotación de leite é agrupar os partos para concentralos nos meses de febreiro, marzo e abril, para que a época de maior produción de leite da vaca coincida cos meses con maior dispoñibilidade de pastos.

Trátase dunha labor que require de estratexias de inseminación, seleccionando unha data de parto e planificando as parideiras nas datas desexadas, unha labor que require como mínimo dous anos.

Na seguinte gráfica obsérvase unha estratexia de inseminación:

resch_pastoreo_vacun_leite_03

Ensaios de pastoreo: primavera 2010/2011 e 2012

A continuación exponse os resultados dos ensaios realizados no CIAM con vacas en pastoreo de xullo a setembro (2010); de maio a xullo (2011); e de abril a xuño (2012) para ver os seus resultados na calidade do leite.

Características do pastoreo:

  • O pastoreo fíxose entre os muxidos da mañá (8:00 h) e a tarde (20:00 h)

  • Dieta: pasto a vontade durante o día, e mestura unifeed pola noite no establo. A mestura estaba composta por 13-15 kg de ensilado de millo, ½ kg de palla e 2-2.5 kg de concentrado/vaca

  • O manexo do pastoreo nas parcelas era rotacional, con dous fíos eléctricos, e un avance cada 1 a 2 días (3 os fins de semana).

  • Experimentouse con catro tipos de pasto: raigrás inglés, trevo branco, trevo violeta e alfalfa, como especies sementadas en cultivo único..

  • As vacas eran Holstein, do rabaño experimental do CIAM, e en distintos estados de lactación ( 225 días en 2010; 135 día en 2011; 90 día en 2012).

  • Todas as vacas pasaron por todos os tratamentos (os catro tipos de pastos).

    Resultados: o pastoreo aumenta o Omega 3 do leite

Os resultados do ensaio son un aumento xeral dos niveis de ácidos graxos Omega 3 no leite, por riba do 0,9, tal e como se mostra nas gráficas de resultados:

resch_pastoreo_vacun_leite_resultados_2010

resch_pastoreo_vacun_leite_resultados_2011

resch_pastoreo_vacun_leite_resultados_2012

Fonte: CIAM

Podes descargar o relatorio completo neste enlace.

Ver todas as noticias de leite

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *