Sae a exposición pública o Real Decreto que modificará a normativa de benestar animal española. Consulta aquí as futuras esixencias do Ministerio de Agricultura para as gandarías de leite e carne de todo o Estado
O Ministerio de Agricultura vén de sacar a exposición pública o Real Decreto polo que se establecen disposicións para a aplicación en España da normativa da Unión Europea sobre controis oficiais en materia de benestar animal. As observacións ou opinións que se realicen deberán ser cumprimentadas e dirixidas á dirección de correo electrónico: bzn-bienestaranimal@mapa.es. O prazo para o envío das observacións e comentarios comeza o 30 de outubro e finaliza o 13 de novembro de 2021, ámbolos dous días inclusive.
Esta consulta pública ten o obxectivo de solicitar a opinión das partes interesadas, en particular organizacións do sector gandeiro, entidades que agrupan profesionais relacionados cos animais e as de protección dos animais, así como dos cidadáns en xeral.
As explotacións gandeiras deberán ter un plan de benestar animal, como o que teñen as de aves e porcino
PUBLICIDADE
Con esta nova lexislación, o Ministerio pretende afondar nos controis sobre saúde e benestar dos animais. Ademais, tamén establece múltiples disposicións sobre a actividade das autoridades competentes na materia. No proxecto plantéanse seis asuntos principais:
En primeiro lugar, o novo regulamento establece a obriga de garantir unha coordinación eficiente e eficaz entre todas as autoridades involucradas, así como a coherencia e a eficacia dos controis oficiais ou outras actividades oficiais en todo o territorio. Con ese pano de fondo, o Real Decreto incorpora dúas novas propostas:
En segundo lugar, establécese a obriga do titular da explotación de dispor dun plan de benestar animal, así como un contido mínimo. Desta forma, establecerase unha ferramenta concreta para que o titular da explotación mostre o que dispuxo a fin de cumprir coa obriga relativa á protección dos animais nas explotacións gandeiras. En concreto, refírense a “adoptar as medidas adecuadas para asegurar o benestar dos animais con vistas a garantir que estes non padezan dores, sufrimentos nin danos inútiles“. Un proxecto dese plan de benestar animal, presentarase á autoridade competente a efectos de obter a autorización oficial.
O terceiro asunto ten que ver coa adecuación doutros reais decretos anteriores á normativa sancionadora vixente na actualidade. No documento publicado este venres, dende o Ministerio explican que este axuste débese a que a lexislación sobre protección de tenreiros e o de protección dos animais nas explotacións gandeiras “son anteriores á aprobación da Lei 32/2007, de 7 de novembro, para o coidado dos animais na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio, polo que non se inclúe unha mención á mesma no seu réxime sancionador” e isto, consideran, debe corrixirse e incorporar unha mención específica.
O cuarto asunto abrangue todo o relativo ás normas mínimas para a protección dos porcos. Todas as medidas non lexislativas adoptadas ata agora para o pleno cumprimento do requisito relativo á prohibición rutinaria do corte de colas e colmillos “reveláronse insuficientes”, reza o documento. Polo tanto, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación considera necesario “proceder a unha modificación desta norma para establecer disposicións para asegurar o devandito cumprimento”. Estánse a estudar os elementos a incluír, entre os que cales atoparíase:
En quinto lugar, no documento que acaba de saír a exposición pública, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación comprométese a aclarar a redacción do artigo 3 Real Decreto 1047/1994, de 20 de maio, relativo ás normas mínimas para a protección de tenreiros que, debido ás sucesivas modificacións e á consolidación do texto da directiva de 1991, aínda vixente, expuxo cuestións sobre a súa correcta transposición.
No sexto posto, o Ministerio adianta que se nomeará, por orde ministerial, un Centro nacional de referencia de benestar animal, unha vez completado o procedemento establecido na Resolución de 13 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios, pola que se establece o procedemento de participación de entidades interesadas para a designación dun centro nacional de referencia de benestar animal.
Nesta ligazón podes consultar o documento oficial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
A normativa que será modificada
As directivas que se mencionan a continuación serán modificadas total ou parcialmente. Polo tanto, os reais decretos que as traspoñen quedan modificados:
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta