PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Galicia Calidade identificará os produtos baixo selos vinculados co territorio e a excelencia

A marca potenciará os produtos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida ou que cumpran requisitos de excelencia en produción ou transformación. Tamén amparará a artigos derivados das razas gandeiras autóctonas

Terras da Mariña vende tamén produtos elaborados con fabas baixo o selo Galicia Calidade

A marca Galicia Calidade reforzará a competitividade do sector agroalimentario identificando e potenciando os produtos galegos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida ou que cumpran requisitos de excelencia en produción ou transformación.

Tamén amparará tanto ós produtos derivados das razas gandeiras autóctonas como o selo Galega 100%, que distingue o leite de calidade diferenciada producido nas ganderías galegas. Ademais, incluirase o selo relativo á pesca de ría. O obxectivo, tal e como indicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, é dar un maior valor engadido a estes produtos, para o que botarán man dunha estratexia e un financiamento específico.

Plan de acción

No referido ó financiamento, o titular da Xunta resaltou que este pivotará sobre a promoción, o posicionamento e a axuda a todos os produtores e transformadores da produción agroalimentaria galega. Mentres que a estratexia, centrarase en optimizar recursos para unificar a acción de todos os actores implicados e para levar a marca Galicia Calidade ao primeiro nivel mundial.

PUBLICIDADE

O plan de acción de Galicia Calidade estruturarase en 5 apartados: formación, investigación, promoción, internacionalización e a experiencia. “Galicia ten que identificarse non coa cantidade, senón coa calidade dos produtos que transforma e produce”, indicou Feijóo.

O titular da Xunta insistiu na importancia de que os sectores agroalimentarios creran neste selo único, ó tempo que felicitou á Consellería de Medio Rural polo seu labor nesta dirección con iniciativas como converter o pazo de Quián nun escaparate dos produtos do rural galego.

Ver todas as noticias de agroalimentación

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *