Javier Marcos e Isabel Martínez son titulares dunha das explotacións máis grandes e mecanizadas da zona occidental de Asturias, limítrofe con Galicia. Tres robots encárganse de muxir as 180 vacas en muxido que teñen neste momento e outro de achegar cada tres horas comida ao gando.
Bi-Battle é o segundo mellor touro xenómico de propiedade española nas probas xenéticas de Conafe do mes de xuño, con 4.654 puntos. Destaca polas súas altas calidades de graxa e proteína e por ser transmisor do xen A2A2 e BB para as caseínas Beta e kappa, respectivamente.
Entrevista a Xavier Álvarez Lastra, membro do equipo directivo de “La Ponderosa Holsteins” e xuíz internacional que ven de impartir a 22 edición da Escola de Xuíces Gandeiros de Fefriga.
A venda de embrións e de recría a outras granxas supón unha cuarta parte dos ingresos anuais desta explotación da Mariña. A partir deste ano, ademais de descendentes das mellores vacas Holstein do mundo, ofertará tamén animais Jersey
Entrevista a Sergio Calsamiglia, veterinario referente en vacún de leite en intensivo. É o impulsor de www.granjadevacas.es, un simulador que axuda aos gandeiros a tomar decisións estratéxicas.
Visitamos esta gandería do concello coruñés de Brión que dende o 2005 ven realizando unha aposta estratéxica pola mellora xenética. E iso non só lle permitiu incrementar notablemente a rendibilidade do seu rabaño senón constituír unha crecente fonte de ingresos.
O leite con Beta Caseína A2, máis dixerible e producido por vacas co xen A2A2, está cada vez máis presente como un produto diferenciado e con maior prezo nos mercados. ¿Están os gandeiros seleccionando os seus rabaños en España para producir este tipo de leite?
O xenotipado das becerras está a estenderse nas explotacións máis profesionais para acelerar a mellora xenética do rabaño. Resumo do relatorio de José Antonio Jiménez, responsable do departamento técnico de Conafe nas xornadas celebradas en Mouriscade
Entrevista a Puri López Ramil, administradora de Embriovet&Embriomarket, a empresa organizadora da I Poxa de Gando Frisón de Elite que se celebrará este domingo 7 de maio no Recinto Feiral de Curtis.
Creada en 1985 e situada na parroquia de Vilamartín Grande, en Barreiros (Lugo), leva desde entón apostando pola mellora xenética. Ante a previsión de pechar, van realizar unha poxa en setembro dos seus mellores animais
Buiteneind K&l CV Clever, leste é o touro de Xenética Fontao que está a bater todos os récords: 4.875 puntos ICO nas últimas probas de Conafe, que o converten no primeiro touro xenómico de España e o segundo, moi preto do primeiro, do Catálogo Internacional de Sementais das últimas probas combinadas Mace-Conafe