As enfermidades da madeira son a patoloxía máis grave que afecta o viñedo neste momento. Participantes no proxecto europeo Winetwork, no que tamén está presente Galicia, explican como inflúe o sistema de poda nestas patoloxías, como rexenerar as cepas afectadas e que produtos fitosanitarios utilizar para limitar o seu efecto.
O departamento técnico de viticultura da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), ven de publicar unhas recomendacións técnicas ante o episodio de saraiba acaecida o 27 de agosto, e que afectou a zonas de viñedo da provincia de Ourense.
A Flavescencia Dourada é unha das enfermidades máis temidas polos viticultores. No Norte de Portugal están a loitar contra ela con éxito. Joao Jaoquim Cruz Garrido, da Estaçao Vitivinícola Amándio Galhano, conta cales son as estratexias para combater esta doenza.
Dende a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) ofrecen unhas recomendacións aos viticultores para actuar no viñedo afectado polas xeadas da pasada semana.
Expertos reunidos en Ribadavia nunha xornada organizada pola Evega destacan a necesidade de reducir e racionalizar o uso de fitosanitarios e suprimir emprego de herbicidas. Os viñedos certificados en ecolóxico na Comunidade roldan as 80 hectáreas e os de produción integrada supoñen unhas 250 hectáreas.