PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Este fin de semana celébrase a Feira Ecolóxica de Arzúa

Este fin de semana celébrase Arzúa Ecolóxica, a feira da produción agroecolóxica certificada que este ano xa chega á súa edición número 14 como referente deste sector en Galicia.

Entre os expositores estarán referentes da produción ecolóxica galega como Arqueixal, Casa Grande de Xanceda, Milhulloa, Cobideza Caurelor, Bubela Artesá, Carabuñas, Eidos de Iria, Produtos Ecolóxicos Maruxas, Aceites Figueiredo ou A Horta de Sancoveiga, entre outros.

Ademáis de poder degustar e mercar estes produtos directamente, as persoas que asistan tamén poderán desfrutar de actuacións musicais e de obradoiros. Así, o sábado pola mañá haberá unha exhibición e obradoiros de graffiti e un concerto de Os Melidaos. E o domingo, terá lugar un obradoiro de slackline e pechará a feira o concerto de De Vacas.

PUBLICIDADE

Máis información: http://arzuaecoloxica.com/

Ver todas as noticias de desenvolvemento rural

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *