PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Deputación de Pontevedra valora vías de colaboración con Asoporcel

Luis López remarca o compromiso da Deputación co sector primario durante unha xuntanza coa directiva do colectivo, que lle deu a coñecer os proxectos nos que están a traballar

Luis López (no centro) xunto a Iván Rodríguez e María Cruz Castro. Cedida

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, mantivo unha xuntanza coa Asociación de criadores de raza porcina celta (Asoporcel). No encontro, no que participaron o director técnico do colectivo, Iván Rodríguez, e a veterinaria, María Cruz Castro, López remarcou o compromiso da institución provincial co sector primario.

A Deputación puido coñecer na reunión os proxectos nos que está a traballar a asociación e amosou a vontade de abrir vías de colaboración con Asoporcel. Así, fomentará as ganderías que traballan con esta raza e afondará na promoción dos produtos de porco celta na provincia de Pontevedra.

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *