PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Cursos gratuítos de poda de maceiras e viñedo en Chantada e Monterrei

poda martin codax viña 2A Oficina Agraria Móbil da Consellería do Medio Rural continúa impulsando xornadas formativas ao longo de toda Galicia. Nos vindeiros días, visitará os concellos de Chantada, en Lugo; e Monterrei, en Ourense, para ofrecer dúas sesións de aprendizaxe sobre poda.

A primeira cita será o venres 16 de febreiro no lugar de Pumar, na parroquia de Merlán, no concello de Chantada, onde se desenvolverá un curso sobre poda de maceiras.

O seguinte encontro xa axendado será o mércores 21 de febreiro, no concello de Monterrei, para abordar a poda en viñedo.

PUBLICIDADE

En cada un destes cursos poden participar, como máximo, 15 alumnos, que teñen que realizar a inscrición (gratuíta) previamente. O programa ten una parte teórica e outra práctica, con labores que se desenvolverán en parcela.

Datos para a inscrición:

Curso do día 16 en Chantada: Correo-e: oac.seca.chantada@xunta.gal. Teléfono: 982 870 247

Curso do día 21 en Monterrei: Correo-e: oac.seca.verin@xunta.gal. Teléfono: 988 788 310.

PUBLICIDADE
Ver todas as noticias de agricultura

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *