PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Curso de propagación de especies frutícolas e técnicas de cultivo

Entre outras especies, no curso tratarán técnicas para o coidado das maceiras.

A Fundación Juana de Vega e o Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo organizan un curso sobre propagación de especies frutícolas e técnicas de cultivo. No taller repasaranse as principais técnicas de cultivo e prácticas culturais de diferentes especies de froiteiras de interese en Galicia.

A formación ten unha duración de 28 horas, un custo de 80 euros e é de carácter eminentemente práctico. O curso está incluído como módulo II do Curso de fruticultura e transformados 2023. A obtención do certificado de aproveitamento implica a asistencia ao 80% das horas lectivas.

O curso comezará o próximo 21 de marzo e prolongarase ata maio. Son 7 xornadas de formación en horario vespertino. Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo excepto as sesións teóricas do 22 de marzo e 26 de abril que serán na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros). As sesións no CFEA de Guísamo serán de 16.30 a 20.30 horas. Mentres, as impartidas na Fundación Juana de Vega serán de 16.00 a 20.00 horas.

PUBLICIDADE

As persoas interesadas en inscribirse ou solicitar máis información poden facelo no email info@juanadevega.org ou no teléfono 981 65 46 37.

Detallamos o programa do curso:

Martes, 21 de marzo. CFEA de Guísamo.
Multiplicación. Estaquillado, sementeira, abacelo mediante corte e recalce.

Mércores, 22 de marzo. Fundación Juana de Vega
Técnicas de cultivo de froitos vermellos

PUBLICIDADE

Martes, 28 de marzo. CFEA de Guísamo.
Enxertado.

Martes, 11 de abril. CFEA de Guísamo.
Técnicas de cultivo en kiwi.

Martes, 25 de abril. CFEA de Guísamo.
Técnicas de cultivo en castiñeiros.

PUBLICIDADE

Mércores, 26 de abril. Fundación Juana de Vega.
Técnicas de cultivo en aguacate.

Martes, 2 de maio. CFEA de Guísamo.
Mantemento e prácticas culturais. Técnicas de cultivo de maceiras.

Carteles_Cursos

Ver todas as noticias de agricultura

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *