O Centro de Promoción Rural-EFA FONTEBOA organiza este mes un “Curso de transformación de lácteos”, que permitirá aprender a elaborar tanto queixos como sobremesas lácteas (iogur, requeixo…etc) As aulas impartiranse no CEFA Pedro Murias, de Ribadeo, entre os días 18 e 22 de febreiro.
Os obxectivos do curso son coñecer os procesos de elaboración dos produtos lácteos transformados e valorizar o leite líquido nun produto diferenciado, descubrindo as súas potencialidades.
Desta forma, ensinarase como elaborar queixos tipo Arzúa-Ulloa, así como iogures e postres lácteos. O programa inclúe visitas a empresas de transformación do leite e a ganderías, así como unha cata de queixos.
O custo do curso é de 195 € e inclúe aloxamento e almorzo.
As persoas interesadas en asistir poden anotarse chamando ao 981 733 051 ou enviando un correo a inscricion@efagalicia.org

De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta