O certame, que se desenvolveu durante a XX Feira do Viño de Valdeorras, contou coa participación de 13 adegas, cun total de 31 referencias, 18 tintas e 13 brancas

A Feira do Viño de Valdeorras, que se celebrou durante a pasada fin de semana, concluíu coa entrega dos premios da Cata Oficial, na que participaron 13 adegas da comarca cun total de 31 referencias distintas, 18 marcas de tinto e 13 de branco. Os viños e as adegas distinguidas polo xurado foron os seguintes.
Viños brancos
1º Premio- Casal Novo, de Adega O Casal S.A.T
2º Premio- Viña Abad, da Bodega Cooperativa Jesús Nazareno
3º Premio- Cepado Godello, de Adega Cepado S.L.
Viños tintos
1º Premio- D´Berna, de Guitián y Blanco S.C.
2º Premio- Viña Costeira Mencía, de Viña Costeira S.C.G.
3º Premio- Cepado Mencía, de Adega Cepado S.L.
A mención especial “viños doutras añadas” foi para Garnacha Vella, da Chaira do Ramiriño 2015, de Bodega Sampayolo S.L.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta