Agromuralla insiste na necesidade de afrontar os danos causados polo xabarín
Recriminan que, pese ás perdas, se manteñan políticas que consideran ineficaces na xestión da especie e que seguen sen atallar os problemas nos cultivos
Campo Galego
Danos nunha finca ocasionados polo xabarín. // Foto de arquivo.
O colectivo de gandeiros Agromuralla reclama de novo á Xunta actuacións concretas para frear os danos causados polos xabaríns nos cultivos e que ocasionan importantes perdas ós produtores. Insisten en que esta situación provoca, ademais, que moita xente estea deixando de sementar determinados cultivos non só para alimentación do gando senón para autoconsumo, o que está a incrementar tamén o abandono da terra.
O colectivo xa tramitara con anterioridade esta petición, na que agora volve insistir nun momento no que dende distintos colectivos están a solicitar accións para unha xestión do xabarín que reduza a incidencia desta fauna nos cultivos. Hai pouco máis de tres meses levábase a cabo unha protesta en Santiago, organizada polo Sindicato Labrego Galego e a Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa) para esixir solucións ante esta problemática. Mentres, esta mesma semana o sindicato Unións Agrarias presentaba unha Iniciativa Lexislativa Popular para reclamar cambios na xestión da especie.
Dende o colectivo gandeiro Agromuralla recriminan que a petición dun cambio na xestión desta especie sexa rexeitada dende algúns sectores conservacionistas. Afean que non valoren os esforzos que está a facer a poboación do rural pese ás perdas que sofren nos seus cultivos e que dificultan a viabilidade da actividade agrícola e gandeira en moitas zonas de Galicia.
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
Deixa unha resposta