A decisión da Comisión Europea de abrir un prazo de consultas para cambiar a regulación da protección do lobo na UE é aplaudida por Unións Agrarias. A organización pide que a caza volva ser unha ferramenta de xestión da especie. A alimentación disuasoria con carroñas en zonas determinadas ou o fortalecemento das axudas de prevención son outras das súas demandas
Reclaman un censo rigoroso desta especie e acusan á Xunta de deseleixo fronte ao problema co porco bravo.
O porco bravo orixina cada ano 4.000 comunicacións de danos no agro, ademais de 10 sinistros diarios nas estradas. As incursións da especie nas cidades contribuíron a darlle máis notoriedade á expansión da súa poboación
Trátase dunha medida extraordinaria que permite abater ou capturar un número ilimitado de xabarís de ambos sexos en 248 concellos, isto é, un 80,7 % da superficie galega. Entrará en vigor este sábado e manterase ata o 25 de febreiro de 2024
Medio Ambiente establece as pautas a seguir para a caza de especies con impacto no agro, como xabarín, corzo e aves. Galicia continúa por segunda campaña consecutiva sen establecer medidas de control do lobo, a diferenza do que fan comunidades veciñas, como Asturias
Ademais de manter as indemnizacións ás explotacións afectadas polos ataques e destrozos provocados por estes animais, a Xunta financiará os gastos de adquisición de peches, pastores eléctricos e cans defensores do gando
Artigo de opinión de Jacobo Feijoo, responsable da área de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias
Unión de Uniones urxe ao Ministerio de Agricultura a incrementar as medidas activas contra a enfermidade, logo de que na última semana se detectaran tres xabaríns positivos en Italia
Nesta zona sur de Lugo plántanse ciclos curtos que se secan habitualmente cando chega o mes de agosto. As previsións apuntan a unha boa colleita, con boas producións e uns silos de calidade
A Asociación de Perxudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa) considera que é a única vía que lle queda a agricultores e gandeiros para mitigar as perdas. Sostén que as incursións do porco bravo van a maís e pide medidas drásticas da Xunta para reducir o censo da especie
A Consellería mantén unha reunión de seguemento sobre o problema con Administracións, Tráfico, cazadores e organizacións agrarias. A Xunta anuncia o reforzo dos valados perimetrais do corredor Lugo – Sarria e da autovía Ferrol – Vilalba, a fin de reducir os sinistros provocados polo animal
En Dozón, a sociedade de caza vota este domingo renunciar ó aproveitamento de parcelas de gandeiros que os denunciaron. O obxectivo é o de evitar o pago de novas indemnizacións nun futuro