PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A vendima na Ribeira Sacra iniciarase oficialmente o día 22

Vendima na Ribeira Sacra

O Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra decidiu este mércores como data oficial recomendada para o inicio de vendima o próximo día 22 de setembro. A decisión prodúcese despois de valorar os controis de maduración que os técnicos do Consello Regulador empezaron a realizar o pasado 25 de agosto en diferentes viñedos das cinco subzonas que forman a Denominación de Orixe.

O pasado 9 de setembro comezaba a vendimar a primeira adega en Ribeira Sacra. A día de hoxe catro adegas realizaron tarefas de vendima.

Para realizar as tarefas de control de calidade en adegas e viñedos da Denominación de Orixe durante esta campaña o Consello Regulador conta co reforzo de 13 técnicos (veedores); ademais do persoal fixo co que conta todo o ano, formado pola Directora Técnica e tres técnicos.

PUBLICIDADE

A día 12 de setembro os datos oficiais de recollida de uva por variedades son os seguintes:

Tintas:
-Mencía: 14.483 kgs
-Garnacha: 166 kgs

Brancas:
-Albariño: 473 kgs
-Dona Branca: 1.217kgs
-Godello: 1.472 kgs
-Treixadura: 500 kgs

O total de quilogramos recolleitos ata agora é de 18.311. Segundo explica o Consello Regulador “a uva está a entrar nas adegas cun estado sanitario bo”. Nesta campaña está previsto que elaborarán viño baixo o amparo da Denominación de Orixe 95 adegas.

PUBLICIDADE

Na páxina web do Consello Regulador www.ribeirasacra.org poden consultarse os datos oficiais de vendima actualizados diariamente.

Ver todas as noticias de portada arriba dereita

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *