17 candidaturas concorren ao premio Aresa deste ano
Entre as propostas presentadas atópanse a queixería Airas Moniz, as ganderías ecolóxicas Traloagro e Casa Grande de Xanceda, os montes veciñais de Couso ou as galletas mariñeiras Daveiga. O nome da proposta gañadora, que recibirá 10.000€, coñecerase o día 31
Campo Galego
O reitor da USC, Antonio López, e a adxunta á Presidencia do Grupo Aresa, Carlota López Pardo
A organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, composta pola empresa de subministros agrogandeiros e a Universidade de Santiago de Compostela, rexistrou, unha vez rematado o pasado venres o prazo de presentación de propostas, un total de 17 candidaturas a conseguir o galardón deste ano, que celebra a súa vixésimo terceira edición e está dotado con 10.000 euros e un diploma de mérito.
O xurado examinará todas estas candidaturas e dará a coñecer publicamente a gañadora o martes 31 de xaneiro. As propostas presentadas son as seguintes:
A Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira Acivo, de Lugo, que ofrece servizos veterinarios para gando ovino e caprino.
A empresa familiar Savelo, radicada en Carballo e centrada na fabricación de produtos químicos.
CampoLab, un laboratorio multidisciplinar integrado por veterinarios, agrónomos, químicos con sede en Outeiro de Rei.
A Agrupación Apícola de Galicia, unha entidade participada por diversas asociacións de apicultores de diversas localidades de Galicia.
La Abuela Delfina, empresa localizada en Triacastela que centra a súa actividade na elaboración de embutidos artesanos.
A queixería chantadina de vacas de pastoreo Airas Moniz.
Lugar da Veiga, outra empresa tamén asentada en Chantada que é propietaria das Galletas Mariñeiras Daveiga.
A agrupación de cooperativas e produtoras agroalimentarias da comarca de Lugo Son de Lugo.
A empresa ribadense centrada na comercialización e transformación de produtos vexetais, Muiñeiras de Requiande.
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
Deixa unha resposta