PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta destina 13,4 millóns de euros a contratar 8 helicópteros contra incendios ata o ano 2026

A Consellería do Medio Rural disporá para a vindeira tempada de alto risco de incendios dun total de 18 medios aéreos entre propios e alugados, sumando helicópteros de extinción e coordinación e avións de carga en terra

Helicóptero do equipo da Xunta para a loita contra os lumes. Foto: Arquivo

Helicóptero da Xunta para a loita contra os lumes. Foto: Arquivo

O Consello da Xunta autorizou este xoves á Consellería do Medio Rural para que proceda á contratación de oito helicópteros de tipo lixeiro destinados á loita contra os incendios forestais ata o ano 2026, por un importe total de 13,4 millóns de euros.

En concreto, contratarase o servizo de seis helicópteros de extinción con dúas brigadas helitransportadas e outros dous helicópteros de coordinación cos seus técnicos correspondentes.

A Consellería do Medio Rural amplía o tempo de contratación anual dos helicópteros de extinción, pasando de 3,5 a 5 meses ao ano dispoñibles

PUBLICIDADE

“Esta licitación persegue unha loita contra os incendios forestais eficaz. Tendo en conta o número medio de lumes e a súa simultaneidade, cómpre dispoñer de medios aéreos que poidan chegar a calquera punto da xeografía galega e na maior brevidade posible”, xustifica a Xunta.

Medios aéreos dispoñibles

Xunto co servizo destas aeronaves, tamén se contratan dúas brigadas helitransportadas compostas por un total de 12 persoas entre técnicos de brigada, peóns condutores, peóns e emisoristas. A Xunta dispón dunha brigada helitransportada propia para este tipo de helicópteros e prevese a creación doutras tres brigadas propias máis.

A Xunta dispón dunha brigada helitransportada propia para este tipo de helicópteros e prevese a creación doutras tres brigadas propias máis

PUBLICIDADE

En canto aos dous helicópteros de coordinación, o servizo tamén inclúe ata oito profesionais entre técnicos coordinadores e técnicos analistas de imaxes e vídeos. Estas dúas aeronaves empregaranse nas tarefas de vixilancia e coordinación dos medios aéreos durante os labores de extinción dos lumes que se producen.

O Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta disporá para a vindeira tempada de alto risco de incendios dun total de 18 medios aéreos, entre helicópteros de extinción e coordinación e avións de carga en terra. A estes súmanse os cedidos polo Goberno central ata completar unha trintena de aeronaves, ao igual que na época de alto risco deste ano.

Ver todas as noticias de forestal

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *